O estudo da xenealoxía, tradicionalmente, servíu para delimitar as clases sociais, sendo preciso acreditar a pertenza ás clases privilexiadas e obter así diversos beneficios, como o acceso a cargos públicos, a exención de impostos ou a forxa de políticas matrimoniais familiares. A información recopilada na investigación xenealóxica é extraída de diferentes fontes -documentación notarial, xudicial, eclesiástica, administrativa ou militar, entre outras-; sendo representada mediante árbores xenealóxicas, de forma máis ou menos estética.
A través desta web pódense consultar os datos xenealóxicos de múltiples membros das liñaxes familiares, segundo a orde alfabética dos seus apelidos:
A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
__________
Imaxe da portada: Árbore xenealóxica da Casa do Periscal (detalle), s/d. Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra.