FICHA DE DESCRICIÓN:

1. ÁREA DE IDENTIFICACIÓN
1.1. Código de referencia:ES/GA/36038/AFM/CALB/SFS/SSMTSP/000001
1.2. Título:Elección dos cargos do Concello, Xustiza e Rexemento da vila de Castilleja de la Cuesta (Sevilla), por designación de María Teresa de Silva e Palafox, marquesa de Ariza, como titora do seu fillo Carlos Miguel Fitz-James Stuard e de Silva, duque de Alba de Tormes
1.3. Datas:
Creación:1807/12/24
1.4. Nivel de descrición:Unidade documental
1.5. Volume e soporte:3 follas (unha solta e un prego)
2. ÁREA DE CONTEXTO
2.1. Nome da produtora:María Teresa de Silva e Palafox, marquesa de Ariza
2.2. Historia institucional / Biografía:Vid. Notas biográficas
2.3. Historia arquivística:Vid. Casa de Alba
2.4. Forma de ingreso:O documento foi adquirido e depositado por Ernesto Vázquez-Rey Farto
3. ÁREA DE CONTIDO E ESTRUTURA
3.1. Alcance e contido:Vid. Casa de Alba
3.2. Valoración, selección e eliminación:Non se practicou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testemuñal e informativo, e para o estudo histórico e xenealóxico de Galiza
3.3. Novos ingresos:No fondo documental da Casa de Alba non existen máis documentos desta produtora, mais cabe a posibilidade de achar máis documentación noutros fondos
3.4. Organización:O sistema de clasificación seguido para o fondo documental é o modelo sistémico
4. ÁREA DE CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN
4.1. Condicións de acceso:Acceso libre coas únicas restricións impostas pola lexislación vixente
4.2. Condicións de reprodución:Reprodución limitada polo estado de conservación
4.3. Lingua(s) / Escritura dos documentos:
Lingua:Castelán
Tipo de Letra:Impresa e manuscrita
4.4. Características físicas e requisitos técnicos:Estado de conservación da documentación: bo
4.5. Instrumentos de descrición:Fichas de descrición / Base de datos
5. ÁREA DE DOCUMENTACIÓN ASOCIADA
5.1. Existencia e localización de orixinais:O Arquivo da Fundación Malvar conserva o documento orixinal
5.2. Existencia e localización de copias:_
5.3. Unidades de descrición relacionadas:Relacionado cos fondos do Arquivo da Fundación Casa de Alba
5.4. Nota de publicacións:_
6. ÁREA DE NOTAS
6.1. Notas:Documento de designación de José Navarro Montaño, como alcalde ordinario; de José Ortiz Bázquez, como alguacil maior; de Antonio López Ramírez e Diego Negrón, como rexedores; de Juan de Chaves Pérez, como mordomo do Concello e depositario do pósito; de José Beltrán, como síndico procurador xeral, pai de menores e defensor de ausentes; de Juan Ortiz, como alcalde da Santa Hermandad polo estado nobre; de José Oliver Tobar, como alcalde da Santa Hermandad polo estado xeral; e de Juan de Aguilar e José Villadiego, como ministros ordinarios
7. ÁREA DE CONTROL DA DESCRICIÓN
7.1. Nota da(s) arquiveira(s):Descrición realizada por Ángel Arcay Barral e Ernesto Vázquez-Rey Farto
7.2. Regras ou normas:Grupo de Arquiveiros de Galicia: Norma galega de descrición arquivística (NOGADA), 2010
7.3. Data(s) da(s) descrición(s):2023/03/10

_

Imaxe da portada: “Elección dos cargos do Concello, Xustiza e Rexemento da vila de Castilleja de la Cuesta (Sevilla), por designación de María Teresa de Silva e Palafox, marquesa de Ariza, como titora do seu fillo Carlos Miguel Fitz-James Stuard e de Silva, duque de Alba de Tormes” (detalle), 1807. Arquivo da Fundación Malvar.

Create a website or blog at WordPress.com