Sociedad Obarrio Montenegro

logo_transparent_background

A Sociedad Obarrio Montenegro ten a súa orixe nas tertulias promovidas polo conde de Tomentosa, Miguel de Obarrio Montenegro, que fora deputado xeral do Reino de Galicia nas Cortes da Coroa de Castela, así como cabaleiro da Real e Distinguida Orde de Carlos III e membro do Consello Real de Facenda no século XVIII, entre outros cargos públicos e condecoracións.

A entidade, que continúa actualmente coa vontade do seu creador, mantén os seus fins de fomento, estimulación e promoción do interese do sector empresarial, fundacional e asociativo pola capacidade creativa, a investigación e a innovación. 

Do mesmo xeito, a sociedade promove a cultura, en tódalas súas expresións, e a defensa dos bens patrimoniais, culturais e sociais, así como os bens comunais e os de titularidade pública.

24aaffa670e634a7da9a087bfa83abe6   lkr2fxzu