Ao abeiro da Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y Garantía de los Derechos Digitales (LOPD-GDD), do Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 27 de abril de 2016, relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos (Reglamento Europeo de Protección de Datos y RGPD-UE), así como a demáis normativa complementaria ou de desenvolvemento, esta Política de Privacidade informa e publicita as condicións que, con carácter xeral, rexen na recollida e o tratamento dos datos de carácter persoal por parte da Fundación Malvar (en diante, a Fundación Malvar, a Responsábel do Tratamento ou a Responsábel) a través deste sitio web, publicado baixo o dominio fundacionmalvar.gal (en diante, fundacionmalvar.gal ou o Sitio Web), e da prestación dos servizos ofrecidos pola propia institución.
Datos recabados
Mediante o Sitio Web e debido á prestación dos servizos que polo mesmo ofrece, a Fundación Malvar recaba ou pode recabar de forma lícita e transparente datos de carácter persoal, tales como datos identificativos, de contacto de conexión e navegación das persoas usuarias.
Os datos recabados pola Fundación Malvar, tanto por medios propios como mediante servizos de terceiros, son incorporados a un ou máis ficheiros privados cuxa titularidade e responsabilidade corresponde á Fundación Malvar como titular do Sitio Web.
Finalidade do tratamento
O tratamento dos datos realizado pola Fundación Malvar ten como finalidade:
- A prestación de servizos, como xestión, estudo e resolución de consultas, concertación de citas ou a atención precisa a calesquera actos de comunicación coa Responsábel.
- A realización dunha xestión axeitada do procesamento de encargas, pagos e transaccións, verificación da identidade das persoas usuarias, personalización da carta de servizos e detección de fraudes.
- A realización de estudos e análises estatísticas e de prospección sobre os hábitos de navegación para a implementación de melloras e a detección e corrección de erros na oferta e prestación dos servizos, así como na experiencia de navegación.
- A remisión, por calquera medio, de comunicacións informativas, con carácter xeral, e sobre situacións eventuais ou incidencias concretas, de prospección e de documentación de diversa natureza ou interese.
Compromiso da persoa usuaria
A persoa usuaria do Sitio Web que, de forma libre e voluntaria, facilita os seus datos de carácter persoal á Fundación Malvar mediante a navegación e o uso das distintas vías de comunicación e medios de contacto existentes e dispoñíbeis no Sitio Web, presta o seu consentimento expreso para o seu tratamento por parte da persoa usuaria e manifesta ter lido, comprendido e aceptado a presente Política de Privacidade.
Igualmente, a persoa usuaria manifesta ser maior de 14 anos e que posúe a capacidade legal precisa para a prestación do consentimento en canto ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, ao abeiro do disposto na presente Política de Privacidade e demáis lexislación aplicábel en cada momento.
A persoa usuaria garante que os datos persoais facilitados á Fundación Malvar son completos, veraces, exactos e da súa titularidade. Do mesmo xeito, a persoa usuaria fáise responsábel de comunicar á Fundación Malvar calquera modificación dos seus datos. A facilitación incorrecta ou a non facilitación dos datos ou información precisa poderá ter como consecuencia unha prestación do servizo deficiente, inadecuada ou nula, sen perxuízo das accións que poideran derivarse da vulneración das condicións establecidas.
Compromisos da Responsábel
O tratamento dos datos realizado pola Fundación Malvar é realizado de acordo coa normativa vixente en cada momento, establecendo en todo momento as medidas técnicas e organizativas ao seu alcance para garantir a confidencialidade da información, a privacidade e a intimidade da persoa usuaria, procurando preservar a minimización dos datos, tanto na recollida como no tratamento dos mesmos, a súa extensión, conservación e accesibilidade.
Non existindo comunicación nin cesión a terceiros de ningunha información confidencial ou sometida a segredo profesional, a Fundación Malvar implanta tódolos medios técnicos ao seu alcance para preservar a seguridade dos ficheiros e evitar perdas, malos usos, alteracións, roubos, ou calesquera accesos non autorizados tanto á información confidencial como aos datos persoais da persoa usuaria, así como para conferir un tratamento seguro nas cesións de datos que, no seu caso, poideran producirse.
Dereitos da persoa usuaria
A persoa usuaria ten en todo momento a posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación, oposición, portabilidade e supresión sobre os seus datos, podendo dirixir a súa solicitude persoal e acreditada á Fundación Malvar a través da dirección de correo electrónico info@fundacionmalvar.gal, así como do resto de vías de contacto contempladas no Sitio Web.
En todo caso, e sen perxuízo da súa comunicación previa á persoa usuaria, a Fundación Malvar resérvase o dereito a modificar unilateralmente a presente Política de Privacidade, en calquera momento, na súa totalidade ou en parte e entendéndose como suficiente a súa publicación no Sitio Web, sendo deber da persoa usuaria coñecer e estar ao disposto na mesma en cada momento.
Comunicacións comerciais
De acordo cos fins do tratamento e ao abeiro do disposto na Ley 34/2002, de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico, os datos de contacto facilitados pola persoa usuaria, como os relativos a mensaxería ou a dirección de correo electrónico, poderán ser utilizados para o envío de información de carácter comercial.
A persoa usuaria poderá en todo momento revogar o consentimento prestado á recepción de comunicacións comerciais coa simple notificación da súa vontade á Fundación Malvar.
USO DE COOKIES E TECNOLOXÍAS SIMILARES
As cookies e demáis tecnoloxías semellantes (en diante, Cookies) son arquivos de almacenamento e recuperación de datos e información dos dispositivos terminais navegadores das persoas usuarias.
O uso de Cookies xeralmente supón o almacenamento de pequenos fragmentos de texto nos distintos navegadores web que visitan un portal ou sitio web e que se utilizan para recibir datos e información como identificadores, parámetros de configuración e uso, ou información sobre os dispositivos e o seu uso por parte da persoa usuaria.
Uso e finalidades das Cookies utilizadas
O presente Sitio Web utiliza ou pode utilizar Cookies propias e de terceiros coa finalidade de mellorar a experiencia de navegación e a prestación dos servizos ofrecidos, como a publicación de contidos relacionada coas preferencias da persoa usuaria mediante a análise dos seus hábitos e demáis parámetros de navegación pola realización de estudos de prospección, análises estatísticas e de tráfico de visitas. O uso de Cookies e tecnoloxías similares no presente sitio web pode supoñer o tratamento dos datos persoais de acordo coa Política de privacidade e protección de datos de carácter persoal do Sitio Web.
Asimesmo, o Sitio Web utiliza ou pode utilizar servizos específicos de terceiros que poden supoñer a utilización de Cookies pola súa parte, e isto segundo as condicións de prestación do servizo do terceiro prestador. Coa súa activación, a persoa usuaria acepta expresamente o seu uso e someterse ás condicións de prestación do servizo específico dando, no seu caso, expreso consentimento para isto.
Cookies estritamente necesarias
Entre as tecnoloxías utilizadas, o Sitio Web utiliza ou pode utilizar cookies e tecnoloxías similares que son estritamente necesarias para o funcionamento do Sitio Web tales como almacenamento de sesión (SessionStorage) ou almacenamento local (LocalStorage), almacénanse no navegador e non participan na comunicación do servidor.
Estas tecnoloxías deben permanecer activadas para un correcto funcionamento do sitio web e así como para poder gardar as preferencias de axustes.
Cookies analíticas e de terceiros
O Sitio Web utiliza ou pode utilizar servizos de terceiros como Google Analytics para a recopilación de información anónima con fins de análise estatística, ou como AddThis para a compartición de contidos (botóns sociais ou share buttons).
Asimesmo, o Sitio Web utiliza ou pode utilizar sistemas de incrustación de contidos e publicacións para visualizar e interactuar con contidos e publicacións en distintas plataformas e redes sociais como Twitter, Facebook ou Instagram sen necesidade de abandonar o Sitio Web.
Permitir o uso deste tipo de servizos xunto coas súas cookies e tecnoloxías similares permite optimizar a experiencia ofrecida así como analizar e determinar melloras nos contidos e as funcionalidades do Sitio Web.
Configuración de Cookies por parte da persoa usuaria
A mera navegación polo Sitio Web por parte da persoa usuaria supón a aceptación do uso de Cookies, así como a lectura, comprensión e aceptación das Políticas de privacidade e protección de datos de carácter persoal mantidas no Sitio Web de cara á prestación do consentimento, así como o tratamento dos datos de carácter persoal que poidera realizarse por medio da súa utilización.
A desactivación ou a non aceptación do uso de Cookies no Sitio Web, sexan propias ou de terceiros, por parte da persoa usuaria pode impedir, de forma parcial ou na súa titularidade, unha correcta prestación do servizo web ou da navegación.
En todo caso, a persoa usuaria pode activar e desactivar as funcionalidades das Cookies e demáis tecnoloxías similares utilizadas no presente Sitio Web a través dos axustes de configuración implementados no Sitio Web, así como a través das funcións específicas que o seu navegador ou dispositivo dispoña.
En caso de dúbida, recoméndase poñerse en contacto co prestador do servizo de navegación, desenvolvemento do navegador ou fabricante do dispositivo en concreto.