A familia

O Pazo de Lourizán foi o epicentro da vida política galega e española do século XIX -e parte do XX- nos períodos estivais que a familia pasaba lonxe da vila de Madrid. Non obstante, a rede política caciquil creada por Montero Ríos adquire maior dimensión ao observar ás persoas que foron membros da familia, así como as súas alianzas matrimoniais, que tamén foron parte do xogo político.

Integraron esta singular familia:

 

EUGENIO MONTERO RÍOS (Santiago de Compostela, 1832 – Madrid, 1914) | Penúltimo fillo de Ángel Montero Patiño, notario de Reinos, e de Francisca del Río Turnes, tivo por irmáns a Ángel Montero Ríos, falecido sendo neno; a María Montero Ríos, que casaría con Francisco Rodríguez, fiscal no Xulgado do Barco de Valdeorras (Ourense); a José Montero Ríos, doutor e catedrático de Medicina que casaría con Dolores Reguera e González de la Pola e tamén tería actividade política e académica; e a Concepción Montero Ríos, que contaría co patrocinio de Eugenio ata a súa morte. Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela doutoróuse en Dereito internacional, lexislación comparada e disciplina eclesiástica na madrileña Universidad Central, accedendo á docencia universitaria na Universidad de Oviedo. Posteriormente trasladaríase á Universidade de Santiago de Compostela e logo á Universidad Central de Madrid, cidade onde dirixiría un afamado despacho de avogado. Na vida pública exerceu distintos cargos: entre outros, foi deputado a Cortes, senador vitalicio, ministro de Gracia y Justicia, ministro de Fomento, presidente do Tribunal Supremo e presidente do Goberno de España. Afiliado ao Partido Progresista e, posteriormente, ao Partido Liberal, creou unha rede política caciquil que impulsaron, e na que participaron, os membros da súa familia.

ANDREA AVELINA VILLEGAS RUBIÑOS (1830 – Madrid, 1923) | Filla de José Villegas Coronel, natural de Villafranca del Bierzo, e de Juana Rubiños Armesto, natural de Lugo. Casou con Eugenio Montero Ríos en outubro de 1862 e aportou ao matrimonio un amplo patrimonio nas provincias de Córdoba, León e Sevilla, herdado dos seus pais e compartido cos seus irmáns: o maxistrado Ramón Villegas Rubiños, residente en Cáceres; Luciana Villegas Rubiños, residente en Valencia; Carlota Villegas Rubiños, residente en Córdoba; e Plácida Villegas Rubiños, que viviría coa familia Montero – Villegas ata o seu pasamento na vila de Madrid, en novembro de 1921. Ademáis, dos fillos que se relatan a continuación tivo a María Josefina (Santiago de Compostela, 1864 – Madrid, 1866) e a Ángel Montero-Ríos Villegas (Madrid, 1869 – Marín, 1886).

Depositphotos_42943489_xl-2015MARÍA DOLORES MONTERO-RÍOS VILLEGAS (Madrid, 1865 – Madrid, 1896) | Casada con Eduardo Vincenti Reguera, do que non tivo descendencia, faleceu ao pouco de entrar na trintena.

 

 

Captura de pantalla 2020-05-27 a las 23.26.48EDUARDO VINCENTI REGUERA (A Coruña, 1855 – Madrid, 1924) | Telegrafista dende os 15 anos, deixou a profesión para dedicarse á política, baixo os auspicios de quen sería o seu sogro. Desempeñou a representación da provincia de Pontevedra como deputado a Cortes entre 1886 e 1923 e, ao tempo, estivo á fronte da Dirección General de Instrucción Pública e foi concelleiro no Concello de Madrid, onde exerceu como alcalde entre 1905 e 1906 e, posteriormente, en 1913. O falecemento temperá da súa muller, Lola Montero-Ríos Villegas, non mermou a súa relación coa familia Montero – Ríos, da que seguiría a facer parte activa ata o seu pasamento.

EUGENIA MONTERO-RÍOS VILLEGAS (Madrid, 1866 – Madrid, 1942) | Casou dúas veces, a primeira, en 1890, con Benito Calderón Ozores e a segunda con Eduardo Martínez del Campo e Acosta. Do primeiro matrimonio tivo por fillos a Vicente, que sería conde de San Juan, e a Eugenio Calderón Montero-Ríos. Do segundo matrimonio tivo a María Dolores, María Eugenia e Eduardo Martínez del Campo e Montero-Ríos.

Depositphotos_39322185_xl-2015BENITO CALDERÓN OZORES (1861 – 1892) | Primoxénito do matrimonio formado por Vicente Calderón Oreiro, conde de San Juan, e María del Carmen Ozores Mosquera. Substituíu ao seu sogro como deputado a Cortes, polo distrito de Santiago de Compostela, nas eleccións parciais de 1890, entrando na rede caciquil familiar. A súa vida política veríase truncada por unha morte temperá en 1892, feito que provocaría que herdase o título nobiliario familiar directamente do seu pai o seu fillo primoxénito, Vicente Calderón Montero-Ríos.

Captura de pantalla 2020-05-27 a las 21.43.31EDUARDO MARTÍNEZ DEL CAMPO E ACOSTA (Belorado, 1840 – Madrid, 1911) | Xurista e político. Elixido deputado a Cortes en 1886, pasou ao Senado en 1891, no que se mantería como senador vitalicio ata o seu pasamento en 1911. Ao tempo de ser elixido senador accedeu como maxistrado ao Tribunal Supremo, ostentando a súa Presidencia entre 1901 e 1909. Neste momento sería nomeado ministro de Gracia y Justicia, no último Consello de Ministros de Segismundo Moret, entre 1909 e 1910.

María Victoria Montero VillegasMARÍA VICTORIA MONTERO-RÍOS VILLEGAS (Madrid, 1871 – Madrid, 1946) | Casada con Manuel García Prieto, foi marquesa consorte de Alhucemas e tivo por fillas a Avelina, que herdaría o Marquesado de Alhucemas á morte do seu pai, e María Victoria García-Prieto Montero-Ríos.

 

Manuel_García_PrietoMANUEL GARCÍA PRIETO (Astorga, 1859 – Donostia, 1938) | Xurista e político. Foi elixido deputado a Cortes entre 1887 e 1915. Uns anos antes, en 1911, obtivo do rei Alfonso XIII o título nobiliario de marqués de Alhucemas. Posteriormente desempeñou os cargos de ministro da Gobernación, ministro de Gracia y Justicia, ministro de Fomento, ministro de Estado e presidente do Goberno español entre 1917 e 1923. Senador vitalicio dende 1911, desempeñou a presidencia da Cámara alta entre 1916 e 1917. Logo da proclamación da II República retiraríase definitivamente da vida pública, en compañía da súa muller, Mimi Montero-Ríos Villegas, e das súas fillas.

Captura de pantalla 2020-05-27 a las 23.53.38EUGENIO MONTERO-RÍOS VILLEGAS (Madrid, 1873 – Madrid, 1917) | Xurista e político. Como parte da rede política creada polo seu pai, foi deputado a Cortes pola provincia de Pontevedra na lexislatura 1898-1899 e pola provincia da Coruña nas oito lexislaturas entre 1899-1917. Na Administración xeral ocupou os cargos de director xeral de Agricultura e subsecretario dos Ministerios de Gracia y Justicia e Instrución Pública. Casado, logo da morte do seu pai, con Josefina Becerra Malvar, ao final da súa vida foi designado ministro do Tribunal de Cuentas del Reino.

Josefina Becerra MalvarJOSEFINA BECERRA MALVAR (Santiago de Compostela, 1885 – Ciempozuelos, 1922) | Filla do político Manuel Becerra Armesto e da nobre Josefa Malvar de la Maza, do seu matrimonio con Eugenio Montero-Ríos Villegas tivo por fillos a Eugenio e a Josefina Montero-Ríos Becerra.

 

 

Avelino Montero

ANDRÉS AVELINO MONTERO-RÍOS VILLEGAS (Madrid, 1875 – París, 1923) | Xurista e político. Asesor do Banco de España, foi deputado a Cortes polo distrito de Mondoñedo (Lugo) nas seis lexislaturas comprendidas entre 1901 e 1915. Dende este ano a 1917 desempeñou o cargo de fiscal xeral do Estado, o que compaxinou co de senador pola provincia de Lugo dende 1916 a 1920. A súa obra lexislativa e intelectual centróuse enfáticamente na protección social das persoas menores.

Dolores Fernández MonteverdeDOLORES FERNÁNDEZ MONTEVERDE ( – ) | Casada con Avelino Montero-Ríos Villegas en 1910 tivo por filla a Dolores Montero-Ríos Fernández. Logo de enviuvar casaría en segundas nupcias co embaixador de Cuba en España, Mario García Kohly, do que tería descendencia.

 

 

Gerardo Montero-RíosGERARDO MONTERO-RÍOS VILLEGAS (Lourizán, 1881 – 1940) | Ingresou na carreira diplomática, exercendo como vicecónsul de España en Liverpool.