Casa do Rego

A Casa do Rego, sita no lugar de Figueroa, na parroquia homónima do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, está vinculada ás familias Figueroa e Villar.

Esta Casa permaneceu na liñaxe dos Gamallo Figueroa, mais diversas propiedades incorpóranse no s. XIX á Casa do Monte, pola herdanza que recibe o crego Andrés María Fernández Figueroa; á Casa do Candán, polo matrimonio entre Manuela Fernández Figueroa e Ramón Diz Díaz, e á Casa de Rey, pola posterior testamentaría de Carmen Fernández Figueroa.

Dos diversos documentos custodiados no arquivo familiar extraemos os seguintes datos, relativos ao patrimonio da Casa:

inmobles