Licenza de uso

A Fundación Malvar (en diante, a Fundación Malvar ou, simplemente, a Titular), é a titular de tódolos dereitos de propiedade intelectual e industrial do sitio web publicado baixo o nome de dominio fundacionmalvar.gal (en diante fundacionamalvar.gal, ou o Sitio Web), así como, con carácter xeral, de todo o material publicado no mesmo, incluíndo ou podendo incluír, sen limitación, tódolos contidos, información, textos, imaxes, fotografías, ilustracións e gráficos de todo tipo, marcas ou logotipos e demáis signos distintivos e outro contido audiovisual ou multimedia, así como a estrutura e deseño da composición de cada unha das páxinas individuais que compoñen a totalidade do Sitio Web, as combinacións de cores e demáis elementos gráficos, código fonte do Sitio Web, dos programas que xeran a composición das páxinas e dos sistemas informáticos necesarios para o seu funcionamento, acceso e utilización, ou calquera outro elemento susceptíbel de protección pola lexislación de propiedade intelectual ou industrial (en diante, o Contido).

Contido de terceiros

Non obstante o anterior, a Fundación Malvar utiliza ou pode utilizar contidos cuxa titularidade corresponda a terceiros para os que dispoña de permiso específico emitido polo titular dos dereitos de autor, tanto do seu uso como material de dominio público, como por licenciatario de diferentes autores, programadores, desenvolvedores ou titulares de dereitos de propiedade intelectual de terceiros como bancos de imaxes ou demáis material gráfico ou audiovisual.

O contido de terceiros utilizado pola Fundación Malvar abarca ou pode abarcar o Contido na súa integridade, como código fonte dos programas que xeran a composición das páxinas, sistemas informáticos necesarios para o seu funcionamiento, acceso e utilización, así como imaxes, fotografías e outros contidos gráficos ou audiovisuais, e o seu recoñecemento e acreditación pode encontrarse publicado en todo momento tanto no Sitio Web, no propio código e/ou os metadatos de cada contido concreto, como na documentación oficial que o mesmo xunte.

A respecto do contido cuxa titularidade poidera corresponder a terceiros, a Fundación Malvar recoñece a favor das súas titulares os correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial, non implicando necesariamente a súa soa mención ou aparición no Sitio Web, a existencia de transmisión ou cesión de dereitos, nin de responsabilidade algunha sobre os mesmos, como tampouco respaldo, patrocinio, recomendación ou colaboración.

Licenza sobre o contido

Toda persoa usuaria que accede ao Contido (en diante, a Usuaria) sométese ao cumprimento do disposto na presente Licenza de Uso, así como do resto de disposicións que rexen o Sitio Web.

A Fundación Malvar reserva tódolos dereitos de propiedade intelectual e industrial que lle correspondan en relación co Contido, así como co seu uso e dispoñibilidade, agás indicación contraria no contido concreto ou permiso específico emitido polo titular dos dereitos de autor.

Sen perxuízo do disposto na lexislación e demáis disposicións normativas en materia de propiedade intelectual e industrial, e de acordo co ordenamento xurídico vixente que en cada momento proceda aplicarse, a Fundación Malvar concede á Usuaria, en relación co Contido que lle é propio, unha licenza universal, non exclusiva e transferíbel, de libre uso para a súa visualización, copia e almacenamento, limitada ao seu uso persoal e privado, e que non teña como fin un uso comercial, modificábel e revogábel en calquera momento e de duración indefinida mentres o Contido estea activamente dispoñíbel en liña.

A Fundación Malvar non concede ningunha licenza ou autorización sobre o Contido que lle é propio distinta á que expresamente se detalla na presente Licenza de Uso. Calquera outro uso en relación co Contido deberá ser comunicado e autorizado, previa e expresamente, pola Fundación Malvar ou polo titular dos dereitos de autor.

Contido publicado pola Usuaria

A respecto do contido susceptíbel de protección publicado pola Usuaria no Sitio Web polos medios que, no seu caso, tivera á súa disposición para facelo de conformidade coas normas e condicións de uso do Sitio Web, a Usuaria concede á Fundación Malvar unha licenza universal, non exclusiva e transferíbel, libre de regalías e indefinida no tempo para a súa utilización e explotación. Esta licenza outorgada pola Usuaria á Fundación Malvar pode finalizar cando, no seu caso, a Usuaria elimine ou tramite a eliminación do contido publicado, agás que o contido teña sido compartido con terceiros sen que estes o teñan eliminado.

Usos non autorizados

A detección dun uso non autorizado do Contido, total ou parcialmente, por parte dunha terceira persoa, pode supoñer o inicio ou emprendemento por parte da Fundación Malvar, ou quén esta designe a tal efecto, das oportunas accións legais contra o seu ou seus responsábeis incluíndo, no seu caso, as pertinentes reclamacións económicas e sen prexuízo da exixencia dun cese inmediato en cada uso non autorizado detectado ou vulneración da presente Licenza de Uso.

Para o caso de detectarse calquera tipo de uso indebido ou non autorizado do Contido, prégase que se poña en coñecemento da Fundación Malvar por medio da dirección de correo electrónico info@fundacionmalvar.gal, así como polo resto de medios de contacto contemplados no Sitio Web.