Día Mundial da Fotografía 2018

A Fundación Malvar e a Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar queren sumarse á celebración do Día Mundial da Fotografía amosando dúas imaxes do seu arquivo, que representan ás fillas de Cipriano de Guzmán Palafox Portocarrero (1784-1839), conde de Montijo -entre outros títulos nobiliarios-, e de María Manuela Kirkpatrick de Closeburn (1794-1879): … Seguir lendo Día Mundial da Fotografía 2018

Ángel Arcay participa no 56º Congreso Internacional de Americanistas

O vicepresidente da Fundación Malvar e presidente da Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar, Ángel Arcay, participa no 56º Congreso Internacional de Americanistas, que se celebra, entre o 15 e o 20 de xullo, na Universidade de Salamanca. Coa proposta titulada "A usted que le gusta viajar: el Betanzos de los hermanos … Seguir lendo Ángel Arcay participa no 56º Congreso Internacional de Americanistas

A Fundación Malvar homenaxeará a Eligio Casal Rey no centenario do seu pasamento

Eligio Casal Rey (1880-1918), párroco de Santo Estevo de Pedre, parroquia do histórico concello pontevedrés de Cerdedo, será homenaxeado pola Fundación Malvar ao cumprirse o centenario do seu pasamento, a causa da epidemia de gripe que asolou Galicia a principios do século XX. "Eligio Casal foi un nexo familiar. Dende moi novo asumiu grandes responsabilidades … Seguir lendo A Fundación Malvar homenaxeará a Eligio Casal Rey no centenario do seu pasamento

Homenaxe á Fundación Figueroa en Cerdedo-Cotobade

Na tarde de onte o presidente da Fundación Malvar, Ernesto Vázquez-Rey, asistíu á homenaxe que o Concello de Cerdedo-Cotobade lle rendeu á Fundación Manuel Ventura Figueroa, grazas á cal centos de parentes do fundador poideron acadar estudos universitarios, e que actualmente continúa coa súa labor, tutelada pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da … Seguir lendo Homenaxe á Fundación Figueroa en Cerdedo-Cotobade

A ACFI Julián Malvar clausura as actividades do Ano Castelao

A Casa das Campás de Pontevedra acolleu nos últimos días do 2016 a presentación dos resultados de varias investigacións arredor de Castelao en dúas actividades: un certame de investigación en lingua galega e unha xeira de seminarios sobre o polifacético rianxeiro afincado en Pontevedra ata 1936; ambas actividades encadradas na conmemoración do ano 2016 como … Seguir lendo A ACFI Julián Malvar clausura as actividades do Ano Castelao

Pasamento de José Luís Basanta Campos

Esta tarde soubemos do pasamento de José Luís Basanta Campos (1924-2016). Químico de profesión, adicou grande parte da súa vida á investigación nos ámbitos da química, o papel e -sobre todo- os reloxos, dos que publicou nomerosos manuais, estudos e artigos. Entre as súas obras máis prezadas está Relojes de piedra en Galicia, editado pola Fundación … Seguir lendo Pasamento de José Luís Basanta Campos

Pasamento de Juan Durán-Loriga e Rodrigáñez

O pasado xoves, 1 de decembro, coñecemos a triste nova do falecemento de Juan Durán-Loriga e Rodrigáñez (1926-2016). Como diplomático, dende 1952, tivo unha dilatada carreira nas embaixadas de Filipinas, Guinea Ecuatorial, Xordania, Bruxelas, Bonn, Oslo e París, entre outros moitos cargos gubernamentais. Foi autor de Memorias diplomáticas e El embajador y el rey: el conde … Seguir lendo Pasamento de Juan Durán-Loriga e Rodrigáñez