Día Mundial da Fotografía 2018

A Fundación Malvar e a Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar queren sumarse á celebración do Día Mundial da Fotografía amosando dúas imaxes do seu arquivo, que representan ás fillas de Cipriano de Guzmán Palafox Portocarrero (1784-1839), conde de Montijo -entre outros títulos nobiliarios-, e de María Manuela Kirkpatrick de Closeburn (1794-1879): … Seguir lendo Día Mundial da Fotografía 2018

Ángel Arcay participa no 56º Congreso Internacional de Americanistas

O vicepresidente da Fundación Malvar e presidente da Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar, Ángel Arcay, participa no 56º Congreso Internacional de Americanistas, que se celebra, entre o 15 e o 20 de xullo, na Universidade de Salamanca. Coa proposta titulada "A usted que le gusta viajar: el Betanzos de los hermanos … Seguir lendo Ángel Arcay participa no 56º Congreso Internacional de Americanistas

A ACFI Julián Malvar propón a Jenaro Carrero para o Día das Artes Galegas 2018

A Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar propuxo, conxuntamente coa Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra, ao pintor Jenaro Carrero como persoeiro ao que lle adicar o Día das Artes Galegas 2018. Jenaro Carrero Fernández, que xunto con Ovidio Murguía de Castro, Joaquín Vaamonde Cornide e Ramón Parada Justel … Seguir lendo A ACFI Julián Malvar propón a Jenaro Carrero para o Día das Artes Galegas 2018

Creación do Arquivo Malvar.

A Secretaría de Estado de Cultura do Goberno español resolveu conceder unha subvención á Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar para o desenvolvemento do proxecto arquivístico titulado "Organización, inventario, clasificación, conservación, descrición e dixitalización de varios fondos documentais da Casa Condal de Malvar". A concesión da axuda ao proxecto arquivístico publicóuse no … Seguir lendo Creación do Arquivo Malvar.