A Casa da Tomentosa, sita no lugar homónimo da parroquia de Santiago de Duarría, no concello lucense de Castro de Rei, está ligada ás familias Obarrio e Montenegro.
Esta Casa entronca coa familia Malvar a través do terceiro matrimonio de Miguel Obarrio Montenegro con Benita Collazo e Malvar, a finais do s. XVIII. Por este motivo diversa documentación da Casa se entretece co arquivo do Pazo da Carballeira do Gandarón; da que extraemos datos relativos ao patrimonio da mesma: