Aviso legal

O presente sitio web, publicado baixo o nome de dominio fundacionmalvar.gal (en diante fundacionmalvar.gal ou o Sitio Web) é propiedade e está xestionado pola Fundación Malvar, entidade cultural privada, con domicilio a efectos de comunicación no LG. A Carballa – Salcedo, núm. 33, CP 36143 – Pontevedra, teléfono de contacto (+34) 662.211.047 e dirección de correo electrónico info@fundacionmalvar.gal.

Por medio do Sitio Web, o Titular ofrece e presta servicios culturais en liña a desempeñar con suxeición ás normas deontológicas, legais e técnicas aplicábeis.

Condicións de uso do sitio web

A utilización do Sitio Web atribúe á persoa usuaria a condición de Usuaria do Sitio Web (en diante, a Usuaria) e implica a súa aceptación plena e sen reservas a todas e cada unha das disposicións vixentes en cada momento para o Sitio Web. Tanto o acceso ao Sitio Web, como o uso que poida facerse da información contida no mesmo, é da exclusiva responsabilidade da Usuaria.

É deber da Usuaria proverse de tódolos medios e requirimentos técnicos que resulten necesarios para un correcto acceso e utilización do Sitio Web e dos servizos que polo mesmo se ofrecen.

A Titular non se responsabiliza de eventuais erros de comunicación nin de seguridade co acceso e uso do Sitio Web, así como de danos que poideran causarse nos sistemas, ficheiros ou documentos da Usuaria, como consecuencia de anomalías, programas ou aplicacións maliciosas, tanto no sistema como nos dispositivos que a Usuaria utilice para o acceso aos servizos e contidos do Sitio Web.

A Titular non garantiza a inexistencia de erros no acceso ao Sitio Web, no seu contido, nin que este estea actualizado, aínda que a Titular desenvolverá os seus mellores esforzos para, no seu caso, evitalos, subsanalos ou actualizalos.

A Titular non se responsabiliza de eventuais erros nas contestacións automáticas que poideran realizarse a través das distintas direccións de correo electrónico ou das restantes canles e sistemas de comunicación que se utilicen no Sitio Web, polo que podería non derivarse efecto xurídico vinculante dos mesmos.

A Titular non controla nin supervisa tódolos contidos aportados polas páxinas web ligadas, cuxas opinións non son, necesariamente, compartidas pola Titular. Non obstante, a Titular reserva o dereito a retirar todo contido cuxa opinión non comparta ou cuxa ilicitude lle conste.

A Titular non se fai responsábel da información e/ou contidos publicados ou almacenados polas diferentes Usuarias nos sistemas de publicación, no seu caso, habilitados como poden ser, a título enunciativo e non limitativo, blogue, chat, foros, comentarios, redes sociais ou calesquera outros medios que, no seu caso, permitan a terceiros publicar contidos de forma independente no Sitio Web.

Transparencia

Non obstante o anterior, e en cumprimento do disposto na Ley 34/2002, de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y del Comercio Electrónico, a Titular ponse a disposición de tódalas Usuarias, Autoridades ou Forzas e Corpos de Seguridade, a fin de colaborar de forma activa, para o bloqueo ou, no seu caso, a retirada de todos aqueles contidos que poideran afectar ou contravir a lexislación autonómica, estatal ou internacional, dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. No caso de que a Usuaria considere que existe no Sitio Web algún contido que poidera ser susceptíbel desta clasificación, prégase que se poña en coñecemento da Titular.

No ánimo de que o uso do Sitio Web se axuste a criterios de transparencia, claridade e simpleza, calquera suxerencia, dúbida ou consulta sobre o mesmo ou o seu uso poderá ser remitida á Fundación Malvar a través da dirección de correo electrónico info@fundacionmalvar.gal, así como polo resto das vías de contacto dispoñíbeis a través do Sitio Web.