O Arquivo da Fundación Malvar pretende ser referente na conservación e ampliación do patrimonio documental ligado ás liñaxes vinculadas coa familia Malvar.

Máis de 500 anos distan xa da vontade de Juan de Novoa Villamarín, señor da Casa das Eiroas, de recopilar os seus documentos. Dende este momento o arquivo fóise engrandecendo pola sucesiva agregación de Casas e Coutos; patente no volume documental, que sufríu varios procesos de organización ao longo do tempo. Neste sentido, a reestruturación territorial do s. XVIII fixo que os fondos documentais se agruparan arredor de grandes unidades arquivísticas: a Casa de Salcedo, a Casa de Ramirás, a Casa de Regodeigón, a Casa da Touza e o vínculo de Baiona e Vilariño, a Casa das Eiroas, a Casa de Noia e Xallas, a Casa de Toiriz, a Casa do Periscal e a Casa de Vilerma.

Actualmente, o Arquivo Malvar incrementou os seus fondos documentais cos das Casas coas que emparentou a familia dende aquela, así como diversas Coleccións facticias relacionadas co Pazo de Fefiñáns e o Pazo de Lourizán, entre outras.

Neste sitio web, partindo da organización realizada polo arquiveiro Ángel Arcay Barral en 2014, pódense consultar as fichas de descrición dos fondos; tanto conservados na Fundación, como depositados en calquera outras institucións públicas ou privadas:


A Biblioteca, pola súa banda, está integrada por un conxunto de volumes antigos e modernos. A parte antiga, procedente da Casa de Rey, comezou a formarse no s. XVIII e foi acollendo ata o s. XX novas obras de temática diversa -Teoloxía, Dereito, Historia, Literatura relixiosa e Matemáticas, entre outras-. Posteriormente, fóronse sumando volumes de contido cultural, destacando unha colección da revista “El Museo de Pontevedra” , procedente da biblioteca da familia Blanco Cicerón, ou un exemplar de “El castillo del marqués de Mos en Sotomayor” dedicado pola entón marquesa de Ayerbe, María Vinyals e Ferrés.


Por se for de interese, poñemos a disposición do público xeral o índice da Biblioteca auxiliar, así como o índice onomástico das persoas que figuran na documentación do Arquivo:

ÍNDICE BiBLIOTECA auxiliar

ÍNDICE ONOMÁSTICO arquivo