A Fundación Malvar ten a súa orixe no morgado vincular constituído en 1790 por Inés María de Pinto e Justo, viúva de Santiago Malvar de Castro, e o seu neto Pedro Acuña e Malvar.
Esta institución xurídica, aprobada pola Coroa en 1791, recibiría achegas de distintos membros da familia, dirixidas a manter a posición socioeconómica da liña xenealóxica principal, na persoa de Francisco Malvar González -pai do conde Julián Malvar e Malvar-, moradores do Pazo da Carballeira de Gandarón; asegurando compensacións para as demáis parentes. Manuel Collazo e Malvar, os irmáns Santiago Ignacio, Pascual e Manuel Baquero e Malvar, así como o propio Pedro Acuña e Malvar foron aportando máis patrimonio ao morgado durante o s. XVIII.
Entre os anos 1797 e 1798 prodúcense novas achegas importantes á Fundación, especialmente mediante unha transacción sobre a partición da herdanza do conde de Tomentosa, Miguel Obarrio Montenegro, -casado con Benita Collazo e Malvar-, que supuxo a incorporación de cuantiosos bens e rendas procedentes da Casa de Alba.
A supresión dos vínculos, así como os distintos cambios de reximes políticos en España, provocaron a reconversión da Fundación Malvar nunha institución cultural privada, cuxa finalidade principal é a de custodiar, estudar e divulgar o patrimonio vinculado ás distintas liñaxes da familia.
Estrutura da Fundación