Casa na Rúa de Alcalá, 4

FICHA TÉCNICA

DESCRICIÓN: Na escritura de partición da herdanza de Miguel Obarrio Montenegro referénciase nas débedas contra a herdanza, onde se indica que se adebedaba a Don Francisco Peralta, por resto de cuentas de los alquileres de la Casa [en] que vivió el señor difunto, [en la] Calle de Alcalá, número cuatro, ocho mil quinientos treinta y tres reales”.

CONTEXTO: Ata 1797 a Casa da Rúa de Alcalá, núm. 4, estivo alugada polos condes de Tomentosa, Miguel Obarrio e Benita Collazo. En 1844 Pedro Sebastián Bravo, tesoureiro do Real Hospital de Nuestra Señora del Buen Suceso, presentou ao Concello de Madrid un proxecto para reedificar o inmoble, propiedade desta congregación relixiosa, que se levou a cabo e perdura na actualidade, con pequenas modificacións posteriores. Anteriormente, a propiedade pertenceu a Ángel Peralta, que tamén presentou un proxecto para reformar a o edificio en 1832.

INVENTARIO:

· Escritura de partición da herdanza de Miguel Obarrio Montenegro (1798), Estado general de deudas contra esta herencia, núm. 19.

FONTES DOCUMENTAIS COMPLEMENTARIAS: 

· “Don Ángel Peralta, dueño de la casa de la calle de Alcalá, número 4, manzana 265, pidiendo licencia para reedificarla de nuevo”, Archivo de la Villa, Madrid, 1832, signatura: 1-64-2.

· “Don Pedro Sebastián Bravo, Tesorero del Real Hospital de Nuestra Señora del Buen Suceso, solicitando licencia para construir la casa de la calle de Alcalá, 4, propia de dicho establecimiento”, Archivo de la Villa, Madrid, 1844, signatura: 4-8-76.


Imaxe de portada: Detalle dun plano, Biblioteca Digital Memoria de Madrid.