Día Mundial da Fotografía 2018

A Fundación Malvar e a Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar queren sumarse á celebración do Día Mundial da Fotografía amosando dúas imaxes do seu arquivo, que representan ás fillas de Cipriano de Guzmán Palafox Portocarrero (1784-1839), conde de Montijo -entre outros títulos nobiliarios-, e de María Manuela Kirkpatrick de Closeburn (1794-1879): María Francisca de Sales e María Eugenia Palafox e Kirkpatrick.

Francisca de Sales Palafox KirkpatrickMaría Francisca de Sales Palafox e Kirkpatrick (1825-1860), duquesa de Peñaranda de Duero, máis coñecida como Paca Alba, polo seu matrimonio con Jacobo Fitz-James Stuart e Ventimiglia (1821-1881), duque de Alba de Tormes, aparece retratada polo estudo parisino Disderi & Cia.

 

 

 

 

 

 

 

 

Eugenia de MontijoMaría Eugenia Palafox e Kirkpatrick (1826-1920), condesa de Teba, foi máis coñecida como Eugenia de Montijo. Casou co emperador de Francia, Carlos Luís Napoleón Bonaparte (1808-1873), que reinou baixo o nome de Napoleón III; sendo a última emperatriz francesa. O seu retrato foi realizado polo estudo Charlet & Jacotin de París.

 

 

 

 

 

 

 

 

Ambas cartes de visite forman parte da colección persoal de Ernesto Vázquez-Rey e están incorporadas á sección de fotografía do Arquivo Malvar.