Ángel Arcay participa no 56º Congreso Internacional de Americanistas

O vicepresidente da Fundación Malvar e presidente da Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar, Ángel Arcay, participa no 56º Congreso Internacional de Americanistas, que se celebra, entre o 15 e o 20 de xullo, na Universidade de Salamanca.

Coa proposta titulada “A usted que le gusta viajar: el Betanzos de los hermanos García Naveira“, Arcay comparte mesa con tres propostas mexicanas baixo o lema “Historia material de las élites y el lujo en América y sus espejos europeos (siglos XVIII-XX)“, onde presentará a forma na que os irmáns García Naveira decidiron invertir a súa fortuna, cunha clara vontade filantrópica e social, lonxe da ostentación e do luxo de outros emigrantes retornados.

O Congreso Internacional de Americanistas, que se ven celebrando ininterrompidamente dende 1857, acollerá a máis de 5.000 investigadores de 58 países.


Imaxe destacada: Cartel do 56º Congreso Internacional de Americanistas