A Fundación Malvar homenaxeará a Eligio Casal Rey no centenario do seu pasamento

Detalle dun retrato de Eligio Casal Rey
Detalle dun retrato de Eligio Casal Rey. © Fundación Malvar

Eligio Casal Rey (1880-1918), párroco de Santo Estevo de Pedre, parroquia do histórico concello pontevedrés de Cerdedo, será homenaxeado pola Fundación Malvar ao cumprirse o centenario do seu pasamento, a causa da epidemia de gripe que asolou Galicia a principios do século XX.

“Eligio Casal foi un nexo familiar. Dende moi novo asumiu grandes responsabilidades na administración do patrimonio familiar -polo falecemento do seu avó e do seu pai- e estivo moi implicado na vida eclesiástica, ata o punto de participar na creación dun Montepío para o Clero.” como lembra o presidente da Fundación, Ernesto Vázquez-Rey, un dos seus parentes.

Con tal motivo, un grupo de traballo da Fundación está a traballar na elaboración dunha biografía de Eligio Casal, nado no lugar da Penagrande, no concello de Moraña, e que finou na Casa Reitoral de Santo Estevo de Pedre o 25 de outubro de 1918, aos 38 anos.


Imaxe destacada: Casa Reitoral de Pedre. © Xoan Arco da Vella.