Pasamento de José Luís Basanta Campos

Esta tarde soubemos do pasamento de José Luís Basanta Campos (1924-2016).

Químico de profesión, adicou grande parte da súa vida á investigación nos ámbitos da química, o papel e -sobre todo- os reloxos, dos que publicou nomerosos manuais, estudos e artigos.

Entre as súas obras máis prezadas está Relojes de piedra en Galicia, editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, do cal na Biblioteca da Fundación conservamos un exemplar da 2ª edición, dedicado polo autor ao presidente da Fundación Malvar, Ernesto Vázquez-Rey, co cal mantivo unha boa amizade nos últimos anos.

jose-luis-basanta-campos-museo-de-pontevedra
José Luís Basanta. (Foto: Museo de Pontevedra)

Entre os moitos méritos, José Luís Basanta foi Decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia (1974-1978), Académico Correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (dende 1987) e Patrono bibliotecario do Museo de Pontevedra (1997-2005); téndolle sido concedida a Cruz de Oficial do Mérito Civil.

O Padroado da Fundación Malvar, e máis especialmente o seu presidente, lamentamos a súa perda.