O pasado xoves, 1 de decembro, coñecemos a triste nova do falecemento de Juan Durán-Loriga e Rodrigáñez (1926-2016).
Como diplomático, dende 1952, tivo unha dilatada carreira nas embaixadas de Filipinas, Guinea Ecuatorial, Xordania, Bruxelas, Bonn, Oslo e París, entre outros moitos cargos gubernamentais.

Foi autor de Memorias diplomáticas e El embajador y el rey: el conde de Gondomar y Jacobo I de Inglaterra entre outras publicacións, promovendo asimesmo a edición pola Deputación Provincial de Pontevedra da obra Pazos gallegos. Materiales para su estudio, que contén varias fotografías e debuxos que realizou o seu pai, Miguel Durán-Loriga e Salgado, en 1946, na súa visita ao Pazo das Eiroas; inmoble que pertenceu á familia Malvar.
O Padroado da Fundación Malvar lamentamos a súa perda.