Creación do Arquivo Malvar.

A Secretaría de Estado de Cultura do Goberno español resolveu conceder unha subvención á Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar para o desenvolvemento do proxecto arquivístico titulado “Organización, inventario, clasificación, conservación, descrición e dixitalización de varios fondos documentais da Casa Condal de Malvar“.

A concesión da axuda ao proxecto arquivístico publicóuse no BOE do 16 de decembro de 2014.

Reunión PARES 20150203O Secretario Xeral -Ernesto Vázquez-Rey- e o Director do Arquivo da ACFI Julián Malvar -Angel Arcay- asistiron a unha reunión no Arquivo Histórico Nacional de España en febreiro para recibiren información sobre os prazos e outros aspectos administrativos da axuda, así como para abordar a creación da páxina do Arquivo Malvar no Portal web PARES (Portal de Archivos Estatales), que comezará a funcionar de cara a finais do ano 2015.

O proxecto facilitará a dixitalización de grande parte do fondo Malvar, consistente en documentación do patrimonio, epistolario e fotografía de varias das liñaxes da familia; e irase completando con distintas accións de complemento da colección documental cos fondos depositados en distintos arquivos públicos coma o Arquivo do Congreso dos Deputados, o Arquivo do Senado, o Arquivo do Antigo Reino de Galicia, os Arquivos Históricos Provinciais de Lugo e Ourense e o Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, entre outros.