18 de maio, Día Internacional dos Museos.

Banner IMD 2015

A Fundación Malvar amosa o seu apoio á campaña institucional do ICOM (Consello Internacional dos Museos) para celebrar o día 18 de maio deste 2015, Día Internacional dos Museos.

Museos para unha sociedade sostible” é o lema escollido este ano pola institución internacional en materia museística para conmemorar a efeméride; data na que dende a Fundación reafirmamos o noso compromiso e a nosa sensibilización coa cultura e cos Museos como institucións culturais de exposición, conservación e divulgación, comezando polo Museo de Pontevedra, no que a nosa entidade ten depositados catro miliarios, que fan parte dunha magnífica colección, mostra da epigrafía romana.

Galiza, 16 de maio de 2015.

Padroado da Fundación Malvar.